www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
ANTECEDENTES

xaneiro de 2003

O pasado mes de xuño de 2000 a Área de Operacións decide suprimir xornadas partidas e gardas que afectaban a algo máis de cen traballadores de distintas localidades da Provincia da Coruña. A Empresa xustificaba esto como un simple cambio de quendas e algún representante sindical avalaba inicialmente tal argumentación. Mesmo se sacóu por parte dun sindidicato un comunicado disculpando o responsable nesta provincia (Sr. Gil) en base a que era un tema imposto, que realmente o era. Dende o principio a CIG entendemos que esta actuación era unha modificación substancial das condicións laborais  dos afectados e que a Empresa non seguira os cauces establecidos nin xustificara de maneira aceptable a supresión de quendas e gardas. Tíñamos decidido presentar unha demanda e así o fixemos saber  no Comité de Empresa. Nesa sesión aprobouse que si se presentaba a demanda o Comité participaría.

Na CIG fixemos o traballo de recopilar os datos e a xurisprudencia para incluir na demanda e puxemos de maneira desinteresada a avogada que a presentóu. Nela figuraban como demandantes a CIG e o Presidente do Comité.

No mes de octubre produciuse a sentencia do TSXG, favorable ós demandantes e que requería a Empresa a que repuxera os quendas suprimidos. En reunión da Comisión de Xestión plantexóuselle á Empresa con consenso da RRTT que procedese a restituir os quendas e gardas suprimidas pero a Empresa respostóu con evasivas e con que iban a presentar un recurso. A finais de ano no Comité decidimos (por consenso) pedir a Execución da sentencia  a través dun escrito da avogada e a Empresa a pesar de ter dito na Comisión de Xestión do 28 de xaneiro que habia que falar da reposición dos quendas, incluso de amplialos, presentou un recurso de súplica para evitar a reposición dos quendas suprimidos que neste momento está pendente de resolver polo TSXG e o que a avogada rexeitóu por escrito, no seu momento.

Desde que por parte da Empresa, unha vez coñecida a sentencia, non se demostrara ningún interés por cumplila, tratamos no Comité e acordamos por consenso buscar a maneira de que a Empresa non se saira coa súa que realmente neste conflicto é o importante. Evitar que se crea que pode facer o que lle dea a gana cando queira, saltándose as normas vixentes e sin ningún coste era o obxectivo; por eso estivemos dacordo en reclamar os perxuizos ocasionados ós traballadores afectados. Por parte do Presidente do Comité e algún outro representante do seu sindicato requeriuse ós traballadores afectados que facilitaran as cuantias deixadas de percibir desde o momento da supresión de quendas. Ata aquí todo iba ben e todos estabamos dacordo.

O problema surxe o pasado martes dia 13 de marxo (¿sería polo día?) cando na Comisión de Xestión á que asiste o Xerente de Operacións que veu fundamentalmente para “negociar” a saída a este conflicto o AMO de CC.OO (que ata a data non tivera relación co tema no seu do Comité)  sin ter falado do asunto co resto da RRTT se descolga da postura consensuada polos membros do Comité, incluidos todos os representantes de CC.OO. e propón unha saida que supón a renunica a reclamar  a maior parte do periodo de supresión dos quendas. Xa na mesma reunión anuncian que van a celebrar asambleas onde van a plantexar o tema ós afectados.

Pode parecer que esta historia é incrible polo papel xogado por algún elemento que ostenta a representatividade dos traballadores desta empresa e que ignorando todo o acordado e ó resto da RR.TT é capaz de sacarlle as “castañas do lume” a Telefónica cando máis collida está (quizáis destas cousas é de onde saca o poder que se lle atribue para conseguir “solucións” a problemas individuais, vendendo os intereses de todos) Pero desde un punto de vista sindical non é menos incrible ainda o papel xogado polo presidente do Comité que ainda hoxe non xustificou o cambio de posición neste asunto ante o resto das forzas sindicais e que demostra a súa enorme incapacidade para representar ó Comité. A súa actitude servil, atendendo únicamente “a la voz de su amo y señor” e esquecendose do ridículo que como presidente do Comité, tanto desde o punto de vista institucional como de respecto polas formas democráticas, coverteno ante  todos os traballadores nun inútil para exercer ningunha representación unitaria e situan a súa conta de credibilidade en números roxos. ¿Quén se pode fiar dun elemento que durante meses mantén unha postura e de repente, por que o “Negociador” llo dí, cambia de posición?

Na CIG temos claro que no que respecta ós traballadores afectados que queiran, independentemente de que sexan afiliados ou non, coas condicións que nestes casos fixa a nosa Asesoría Xurídica, estamos dispostos a reclamar desde o momento da supresión dos quendas até a reposición dos mesmos. Así mesmo mantemos a posición de esixir que se cumpla a sentencia nos términos que se produciu respecto a resposición de quendas. Deben ser os mesmos que había antes.  Si posteriormente hai que negociar outros porque a Empresa xustifica a necesidade de modificalos, reducindo ou ampliando estudiarase e negociarase, pero non antes da restitución da situación anterior. Neste senso sempre defendemos que os quendas que se implantan teñen que corresponder coas necesidades do servicio e nunca para ”ter contentos ós traballadores que se portan ben”.

Nunca se viviu nesta Empresa unha situación tan escandalosa  de clientelismo e caciquismo sindical, na que existe unha permanente transación de favores entre certas áreas da Empresa e certos elementos que se presentan como representantes sindicais. Desta situación saca partido moi pouca xente e sempre a conta dos intereses de todos. Esta práctica é a mellor maneira de cargarse a Negociación Colectiva. Negociar o que xa está negociado é facerlle concesións a Empresa que logo se utilizan como elemento de cambio para “beneficiar a algún amigo”. Lóxicamente non todos os afiliados se poden beneficair destes privilexios pois entón deixarian de selo e cando algún dos non favorecidos se queixa recibe unhas broncas de campeonato de tal maneira que os que non están agradecidos por algún favor están acojonados polas broncas do “padriño” ou dos seus secuaces. ¡Qué disgracia para os traballadores desta  Empresa que existan tantos siervos en lugar de traballadores libres, con criterio e cun mínimo de dignidade! Outro galo nos cantaría a todos si esta situación mudara e en lugar de conformarnos na máis indigna das actitudes esixiramos responsabilidades e as organizacións sindicais retomaran un funcionamento democrático e os traballadores participaran directamente nos seus asuntos.


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega