www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Sentencia de Operacións

22-04-2003

O xuízo celebrado o 12 de febreiro deste ano no xulgado do social de A Coruña, por reclamación das cantidades deixadas de percibir por persoal de Operacións a quen a empresa lle modificara e suprimira as quendas ilegalmente no 2000, xa ten sentencia.

Dos compañeiros afectados, as tres demandas acumuladas presentaron reclamación por 43 deles.

O xulgado declara incompetencia de xurisdicción por razón do territorio para os 23 compañeiros que prestan os seus servicios nas zonas de Ferrol e Santiago (e costa). É dicir estes compañeiros terán que reproducir a súa demanda diante dos xulgados do social de Ferrol e Santiago, ó considerarse que a delegación ou centros oficiais de telefónica en A Coruña só serve como domicilio da empresa para os que prestan os seus servicios neles.

Para os 20 compañeiros de A Coruña, o xulgado recoñece o seu dereito á indemnización polas cantidades deixadas de percibir e que en conxunto superan os 20.000 €  (vinte mil euros)

A sentencia é recorrible diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A pesares do problema para os compañeiros de Ferrol e Santiago (e costa), que esperemos que non sexa máis que de tempo, a sentencia é moi positiva pois supón:

Para a empresa un forte castigo que sen dúbida fará que algúns o pensen dúas veces antes de atropelar os nosos dereitos.

Para os traballadores un incentivo importante para defender os nosos dereitos.

Para a CIG, un motivo máis para seguir loitando polos dereitos de todos.

 

 ¡DEFENDER OS TEUS DEREITOS É UNHA GARANTÍA

PARA NON PERDELOS!


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega