| O mantemento das Cabinas que viñan realizando uns 600 Operadores Auxiliares de Servicio postvenda pasa a TTP por falta de persoal.
Telefónica propón e algúns sindicatos aceptan que é necesario o despido colectivo (ERE) para desfacerse primeiro de 10849 e agora de 15000 traballadores, porque sobran non son necesarios. As novas tecnoloxías, a competencia, a reducción da cota de mercado e das tarifas...son as causas que, segundo eles, o xustifican.
Quizais resulte demasiado duro para organizacións que teñen como misión velar polos intereses dos traballadores admitir que o que pretende esta empresa e o que eles están admitindo e avalando coa súa sinatura, é unha transformación de emprego minimamente digno en emprego precario, emprego lixo, dese que cada dous por tres din que hai moito neste país e que debe combaterse e reducirse.
Non obstante aínda hai traballadores suficientemente inxenuos que cren que o feito de que algúns compañeiros marchen contribúe a asegurar o traballo e a estabilidade dos que quedan
Pero a realidade é a que é, e aquí está claro que non sobra persoal senón que telefónica precisa todo o persoal que ten e mais para levar adiante o traballo que hoxe ten, e iso a pesares da competencia, da perda de cota de mercado, das novas tecnoloxías, ou dos rigores do regulador...
Así o pon de manifesto a empresa cando xustifica a exteriorización de actividade ( o mantemento das cabinas que viñan facendo OASPVs pasa a TTP) pola reducción de persoal producida co ERE. Como consecuencia desta exteriorización, os que non marcharon tamén lle sobran e lles propoñen pasar a TTP ou, se non queren, xa lles buscarán ocupación, reubicándoos de acordo coa cláusula 4 do vixente Convenio, é de supoñer que como mostra do compromiso de estabilidade e garantía de emprego dos asinantes do Convenio e ERE.
É dicir : Como sobra persoal facemos un despido colectivo
Como marchan moitos traballadores, os que quedan non dan feito o traballo que facían entre todos, e entón llo pasamos a outra empresa (TTP)
Como lle quitamos o traballo, agora sobran máis, ós que invitamos a que se vaian a facer o mesmo traballo á outra empresa. |