www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
EVITAR OS DESPIDOS

09-09-2005
A Confederación Intersindical Galega en Telefónica considera de máxima gravidade que a Dirección de Telefónica decidira primeiro expedentar,  e despóis facer efectivo, o despido de 10 membros dos Comités de Folgas dos GMO e de PNP.

Pensamos que esta actuación da Empresa supón un ataque inxustificado e intolerable ó dereito fundamental de folga e ó de liberdade sindical.

Pensamos que ante esta situación o C.I. debería esixir da empresa de maneira urxente a retirada dos despidos e dos expedentes abertos e caso de negarse ésta, poñerse á fronte das mobilizacións do cadro de persoal para conseguir ese obxectivo irrenunciable.

Nesta situación ningún Comité nin representante dos traballadores debería negociar nada coa empresa mentras non se consiga que se retiren os despidos.

Así mesmo queremos facer un chamamento a todo o cadro de persoal para que participen nas mobilizacións que se convoquen con este obxectivo.


Santiago, setembro de 2005
Coordinadora Nacional de CIG Telefónica.

 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega