Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 18/02/2005

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Actualidade

Atrás

Beneficios Sociais

15-02-2005


ATAM
(Asociación Telefónica Asistencia Minusválidos)
Se o empregado decide continuar de alta en ATAM, a empresa aboará a cuota correspondente. O empregado pode aboa-la súa cuota en doce mensualidades ou dunha soa vez. Deberá cumprimentarse o modelo para domicilia-lo pago das cuotas se se desexa continuar de alta, ou o modelo de solicitude de baixa en caso contrario. Dito modelo deberá
remitirse á seguinte enderezo de corrédevos:

CENTRO NACIONAL DE ATAM - Dpto. de Cuotas
C/ Camiño Longo nº 13
28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid)
Internet: www.atam.es
Teléfonos:
Atención ó socio: 900 50 26 50
Integración Laboral: 91 709 80 50 / 56
Consultas servicio de saúde: 91 709 80 64



Asistencia Sanitaria
Calquera dos Programas de Desvinculación do EIRE contempla a posibilidade de seguir recibindo asistencia sanitaria a través da póliza de ANTARES-SAÚDE, asumindo Telefónica de España o 40% do custe global da póliza ata o momento da xubilación, con independencia da rende que se perciba.
A adhesión como activo a Antares-Saúde manterase ata o final do cuatrimestre natural no que se produza a baixa na empresa (último día traballado).



Seguro Colectivo de Risco
Aqueles empregados que se acollan a calquera dos Programas de Desvinculación previstos no EIRE 2003-2007, permanecerán de alta no Seguro Colectivo de Risco ata o momento en que cumpran 61 anos de idade, con cuotas a cargo da Empresa.
Ademais, os non adheridos ó Plano de Pensións que manteñan o dereito á Prestación de Supervivencia, continuarán de alta en dito seguro ata que perciban a citada prestación, sendo asimesmo as cuotas a cargo da Empresa.



Plano de Pensións
No caso dos empregados adheridos ó Plano de Pensións que causen baixa por calquera dos Programas de Desvinculación, a empresa aporta dunha soa vez a cantidade de 601 euros á súa Plano de Pensións de Empregados de Telefónica.
Ademais, poden permanecer como partícipes e seguir efectuando contribucións voluntarias en tanto non mobilicen os seus dereitos consolidados a outro plano.


Para ampliar esta ou outras informacións podes contactar coas Oficinas de Atención de RR.HH., ben a través do Autoservicio ERE 2003 - 2007, ben solicitando unha enquisa personal cos profesionais de :   RR.HH



 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir