O luns, día 13 de xuño, houbo Permanente do Comité de Empresa na que se abordou de novo a situación en Profesionais. Parece evidente que nas asambleas que realizaron cos seus afiliados algúns sindicatos non conseguiron convencer a todos de que non eran precisas as mobilizacións.
A CIG, pola súa parte, convencidos de que a decisión debe estar nos traballadores, de novo, e apesares da negativa do Comité do día 3, volvemos a plantexar a necesidade de que se convocasen asambleas do Comité co obxecto de que fosen os compañeiros/as os/as que tomasen a decisión de qué accións levar adiante. Esta proposta aceptouse por todos e as asambleas realizaranse na semana do 20 ó 24, previsiblemente o día 21, as mesmas horas que na vez pasada
CC.OO. propuxo que se realizara na Coruña un paro de unha hora desde o día 27 de xuño ó 1 de xullo, proposta que tamén foi aceptada por todos. Para a CIG, sempre condicionada ó que decidan os/as traballadores/as de Profesionais da Coruña.
A situación coñecida a data de hoxe é que as Asambleas de afectados de Madrid e Barcelona teñen decidido realizar un paro indefinido dunha hora semanal que comenzará o próximo martes día 21 de xuño das 12:30 a 13:30. Que esta acción está respaldada por duas convocatorias distintas, unha de CGT e outra de AST, Co.bas e En Costrucció, que coinciden en obxectivos, modelo e horarios.
O Comité de Barcelona súmase a esta convocatoria e renuncia a unha propia porque non queren que exista un Comité de folga local para así evitar negociar localmente. No ámbito estatal vai haber por tanto dous Comités de folga. Esto a nós non nos parece ben, pois se se poñen dacordo para coincidir en todo deberían facelo tamén para realizar só unha convocatoria.
Coa convocatoria da Coruña dun paro dunha hora cada día da semana do 27/6 ó 1/7 complicanse un pouco máis as cousas, pero a CIG que defende o funcionamento dos Comités de Empresa e a celebración de asambleas de Comité aceptóu esta proposta para ter tamén unha opción de movilización na Coruña convocada polo Comité e comunicada á empresa e á autoridade laboral en plazo (10 días de antelación). En todo caso deben ser os traballadores afectados os que decidan, porque se non viran ben esta convocatoria local, pois desconvocase e non pasa nada.
Ós que fan a convocatoria estatal ven no seu modelo as ventaxas seguintes:
►Son os Comités de folga os que deciden, en base ós acordos das asambleas de afectados/as, desconvocar a folga, chegar a acordos coa empresa, etc.
►Evitan, se os traballadores/as afectados/as así o deciden, que se firmen acordos entre a empresa e o Comité Intercentros ou entre a empresa e algún sindicato, pois de decidir continuar a folga eses acordos non terían sentido e á empresa non lle valerían para nada.
Contamosvos todo esto porque nas asambleas do Comité, non vai ser posible debido ó tempo do que se dispón para realizalas (15 minutos *) e podería servos útil para tomar decisións con coñecemento de causa. O que sí consideramos importante é a vosa participación e que exista votación sobre as decisións a tomar, polo que debedes ser vos mesmos os que esixades que se realicen votacións porque así é como queda clara a posición dos traballadores/as de Profesionais de A Coruña. |