www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
SITUACIÓN EN PROFESIONAIS

29-06-2005  
Na asemblea do Comité cos traballadores de Profesionais da Coruña do xoves 23 votouse desconvocar a folga, que tiña convocada o Comité de empresa. Só houbo 3 votos a favor de continuar a folga e 4 abstencións, posteriormente produciuse unha reunión da empresa co Comité de folga no que estaba un representante da CIG e na que se asinou un acordo de desconvocatoria.

Este acordo, no que foi incluído por esixencia da CIG o terceiro punto que non figuraba no documento inicial que presentou a empresa, acompañase como anexo deste comunicado.


VALORACION.

Tendo en conta a problemática que existe nos Centros de Profesionais, que non estaba toda recollida nas reivindicacións do Comité de Empresa de A Coruña, nin queda toda solucionada co acordo, e tendo en conta ademais a situación conflictiva que se vive coas convocatorias de folga de ámbito estatal, desde a CIG non podemos facer unha valoración do acordo asinado  máis alá dun pequeno alivio temporal para os compañeiros e compañeiras afectado/as deste centro.

E o pequeno avance que podía supoñer este acordo, vese gravemente desvirtuado polos expedientes abertos ós membros dos Comités de Folga, concretamente en Coruña a un técnico e a unha ASC, pois  queda claramente en entredito o compromiso da empresa por adoptar medidas que melloren o clima laboral.

Queremos mostrar a nosa solidariedade cos compañeiros expedientados, actuación empresarial que consideramos inxustificada desde un punto de vista legal e que entendemos que ten como único obxectivo amedrentar ós traballadores para que non secunden os paros convocados. A empresa intenta evitar que os traballadores poidan chegar máis alá de onde xa chegaron e como mostra temos os anónimos que lles deixaron nas mesas ós traballadores e traballadoras no Centro da Coruña con motivo do paro do día 28.             

 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega