A Sección Sindical CIG-Telefónica en A Coruña quere expresar o seu agradecemento ós traballadores e ás traballadoras que votaron as nosas candidaturas pola confianza que depositaron no noso sindicato e no noso traballo.
Queremos reiterar así mesmo o compromiso adquirido de seguir a traballar polos dereitos de todos e todas, afiliados/as e non afiliados/as, tanto no Comité de Empresa como na Comisión de Xestión Provincial e promover as asembleas e a participación dos traballadores/as na toma de decisión dos asuntos que lles afectan. |