www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Santiago: Manifestación pola Lingua

21 de maio de 2008

Compañeir@s da Telefónica de todo o país estivemos na manifestación que tivo lugar o 18 de maio en defensa do galego.

Arredor de vintecinco mil persoas chegadas de todos os puntos da Galiza percorremos as rúas compostelás reivindicando “o dereito a vivirmos en galego”. A manifestación, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou co apoio de cincocentos colectivos do máis diverso tipo, entre eles a CIG.

A CIG non desaproveitou a ocasión para denunciar o trato que sofre o noso idioma na Empresa, tanto:

· nas relacións cos seus clientes sendo necesaria a implantación en galego do portal de telefónica on line, a factura en galego para os novos contratos, a contestación das reclamacións, as cartas e a publicidade, a formación do seu cadro de persoal para poder atender na nosa lingua, un protocolo claro de atención en galego aos clientes para todas as áreas,

· como nas campañas de publicidade na televisión, na radio e nos diferentes xornais nas que o galego é anecdótico.

· c@s traballador@s de Telefónica , xa que a Empresa non pode inhibirse das leis que amparan os nosos dereitos lingüísticos nas actas das comisións de xestión e do comité de seguridade e saúde, no portal e-domus e nas interfaces (dos sistemas operativos e dos programas).

 
Mais galego no teu centro de traballo.
 

Pontevedra a 21 de Maio de 2008.

 


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega