|
A CIG é un sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galiza e a autoorganización dos traballadores e traballadoras, practica a solidariedade e o
internacionalismo, considera un principio fundamental a democracia e a participación,respecta o pluralismo, mantén a independencia respecto
de calquera outra organización ou institución, expresaseen galego e impulsa a nosa cultura e idioma.
As mobilizacións contra a reforma laboral e a das pensións, lonxe da cultura do pacto social que tanto beneficia o capital e as grandes empresas, mostran con
claridade o carácter reivindicativo e de clase da CIG. Nós non traficamos con dereitos da clase obreira.
É esencial trocar a dinámica actual na que semarxina os traballadores, afastándoos da toma de decisións sobre os seus intereses. Só cando os traballadores recuperen o protagonismo que llescorresponde poderemos empezar a recuperarnos da perda permanente de dereitos.
A CIG sempre defendeu -e seguirá a facelo- os Comités de Empresa, as Asembleas de centro dos Comités Provinciais e as Asembleas Xerais. A participación directa dos traballadores/as permite coñecer e tratar os
problemas entre todos e posibilita solucionalos dun xeito máis favorábel.
Votar CIG é defender o sindicalismo como a organización dos traballadores para a defensa dos dereitos e intereses colectivos e a mellora das condicións de traballo e de vida.
A CIG sempre se opuxo á destrución de emprego e á
masiva externalización de actividades. Temos centrado o
esforzo sindical en manter o emprego de calidade en
Telefónica, que pasa por: mantemento da antigüidade,
concreción das funcións para cada categoría laboral,
mantemento do posto de traballo na localidade, dereito a
rematar a vida laboral en Telefónica até a
xubilación. Todo isto entra en contradición co modelo
de Clasificación Profesional proposto pola empresa,
dar a batalla contra esta cuestión será esencial nos
vindeiros anos.
A carencia de traballadores en moitas unidades de traballo
ten ocasionado numerosos desaxustes, ritmo
insoportábel de quendas e gardas. Nestes últimos anos a
empresa está a mover permanentemente o persoal,
constantes reestruturacións organizativas, actividades
que hoxe son prioritarias e mañá non, solapamento de
funcións en moitos departamentos.
A CIG esixe da empresa que non se sigan a deteriorar
as condicións laborais. Defendemos que en todas as
localidades exista o persoal necesario de cada categoría.
Esiximos que se concedan traslados e se convoquen
novas prazas para cubrir o déficit de persoal que fagan
posíbel a conciliación da vida laboral e familiar.
Esiximos que se recupere a actividade externalizada
e a creación de emprego de calidade.
Votar CIG é esixir un plan de emprego que
garanta o noso futuro. Votar CIG é defender
a permanencia do posto de traballo na
localidade e que as funcións de cada
categoría queden definidas. Votar CIG é
defender o emprego de calidade en
Telefónica.
A Negociación permanente foi empregada nestes
anos a discreción, con prepotencia e con exclusión
dos afectados, chegando incluso a modificar o Convenio
para reducir o incremento salarial que estaba acordado. A
negociación permanente é unha arma da Empresa para
recortarnos dereitos.
A CIG, como defendeu sempre, mantén que os asuntos
con contido normativo deben quedar pechados na
Negociación Colectiva, que debe ser un proceso
participativo que permita poñer en xogo a potencia
reivindicativa dun cadro de persoal mobilizado, informado
e unido.
Non se poden deixar abertas cuestións tan
fundamentais como a Clasificación Profesional, así o
manifestamos no proceso de negociación da prórroga do
Convenio, opoñéndonos a un texto que permitía modificar
totalmente as nosas condicións laborais.
A CIG sempre busca a unidade sindical na defensa dos
dereitos dos traballadores e traballadoras, esa foi a nosa
resposta en ocasións tan graves como nos despedimentos
durante a negociación do Convenio. Tamén agora esa é a
nosa resposta diante dos últimos despedimentos, onde a
empresa fai un uso abusivo da recente reforma laboral.
Esiximos da empresa a readmisión dos despedidos e
despedidas.
Votar CIG é garantir que os problemas que
nos afectan se levan aos Comités para ser
debatidos en todos os organismos que
sexan necesarios.
Votar CIG é defender a Negociación
Colect iva, rexei tando as mesas de
negociación permanente.
| Defensa dos dereitos colectivos |
Telefónica teima na individualización das condicións de
traballo, nese escenario de “sálvese quen poida” só sairá
beneficiada a empresa. Este é un dos elementos
centrais da Clasificación Profesional: rachar coa
defensa colectiva dos nosos dereitos impoñendo
condicións diferentes para cada posto de traballo
Debemos concienciarnos de que a única defensa posíbel é
a loita de clase fronte á empresa, e aquí non serven
modelos que exclúen os traballadores e traballadoras da
negociación para traficar cos nosos dereitos
A CIG defende a igualdade de dereitos colectivos para todas e todos. Os procesos de selección e promoción son cada vez menos
transparentes, por riba son utilizados en ocasións para
mesturar funcións de diferentes categorías. Xa é unha
constante que nas convocatorias non estean definidos nin
os criterios que se consideran para facer a valoración dos
currículos. Na convocatoria de ABTC exclúese a RRTT dos
tribunais de selección, non se define unha categoría
laboral e sáltanse as normas para a concesión de
traslados.
O principio de igualdade de oportunidades debe
presidir estes procesos, para o que deben estar
definidos e ser publicados os programas e os criterios
xerais de avaliación, utilizando probas obxectivas e
transparentes.
Votar CIG é defender a igualdade de
oportunidades nos traslados e nos
procesos de selección e promoción.
|