www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Eleccións Sindicais 2011

Está aberto o prazo para solicitar o voto por correo, quen vaia solicitalo que o faga canto antes.


O voto debe pedirse nunha oficina de correos, presentando os datos no modelo axunto e en sobre aberto (para que o funcionario de correos verifique os datos coa presentación do DNI, engadir unha copia do DNI). En correos poñerán selo e data de presentación e o sobre debe ser enviado por correo certificado ao seguinte enderezo:

Á MESA ELECTORAL PROVINCIAL A CORUÑA
Telefónica España SAU
C/ A Cerca 18, 2 Planta Sala 5
15009 A Coruña

A Mesa Electoral comprobará a inscrición no censo e enviará un sobre coas papeletas para votación ao enderezo que lle deixamos no modelo.


Debemos poñer a papeleta no sobre de votación (o que envía a empresa) e introducir este sobre e unha copia do DNI noutro sobre de maior tamaño que se enviará novamente por correo certificado.

  Módelo de solicitude de voto por correo

 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega