www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Relacións Sindicais
01-02-2012 Telefónica condenada por conduta antisindical contra a CIG  
O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Telefónica contra a sentenza do TSXG que a condenaba por conduta antisindical

Convocatorias CNAI
25-12-2011 CNAI, de chapuza en chapuza... até a cacicada final  
Xa ten pasado moito tempo dende que en febreiro de 2010 a empresa informara da intención de crear un grupo para dar soporte de Nivel 2 no CNAI. Un grupo formado por Técnicos Medios que, segundo pretende a empresa, debe dar soporte 24 h/365 días ao ano.

Documental
3-11-2011 A CRISE, O SISTEMA E A SOBERANÍA // SI existen alternativas!  
A CIG repasa neste documental o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.

Conflito en O+M
24-10-2011 Desmantelamento en O+M, tamén na contrata  
No ano 2008 a empresa comezou a desmantelar O+M, o proceso daría para un libro pero trataremos de resumilo. No primeiro momento nomeáronse varias provincias como “pilotos” para levar adiante esta desfeita, unha delas foi A Coruña pero como os traballadores non colaboraron no desmantelamento do seu departamento, sacárona do “piloto” para poder dicir despois que a proba “piloto” saíra ben nas provincias onde se probara...

Despedimentos inxutificados por Absentismo
17-10-2011 Pola readmisión de Maricruz  
. . . É obrigado lembrar cal foi a actitude dalgúns sindicatos que, ademais de non convocar os paros, fixeron de lacaios da empresa tratando de confundir e incluso xustificar a actuación da empresa, seica Marcos andaba dando concertos e a compañeira de Madrid estaba enferma para ir de vacacións. Esta actitude covarde e servil coa empresa e a traizón que tiveron cos despedidos non podemos esquecela . .

30-09-2011 Marcos gaña o Xuízo  
O xuízo polo despedimento do compañeiro Marcos xa ten sentenza:
FOI DECLARADO NULO
A Sentenza aínda que recurrible, é executoria, o que significa que o compañeiro Marcos poderá solicitar o seu reingreso. A empresa debería renunciar a recurrir esta sentenza.

Hai que lembrar tamén que o xuízo polo despedimento da compañeira Mari Cruz foi declarado improcedente, a empresa optou pola indemnización, e non readmitiu a traballadora. O Comité Intercentros debería esixir da empresa a readmisión da compañeira, tal e como se lle ten demandado en todo este proceso.

Parabéns a Marcos e a todos os traballadores e traballadoras que estiveron ao seu carón mobilizándose para que fose readmitido.

Infórmate, reflexiona, actúa... Mobilízate!

Economía e Salarios
26-08-2011 A proposta de moderación salarial de CCOO e UGT  
A CIG manifesta o seu total rexeitamento á proposta presentada polos secretarios de CCOO e UGT, en carta dirixida ao Presidente do Goberno español, referida a aceptar un novo acordo de moderación salarial para os vindeiros anos...

Economía e Salarios
18-08-2011 Un atraco xeneralizado á poboación a conta da débeda pública  
Estamos asistindo estes días a unha escalada nese terrorismo financeiro que practican, bancos e fondos de investimento diversos, coa débeda pública dos estados periféricos da eurozona, coa complicidade do Banco Central Europeo (BCE), da Comisión Europea (CE) e dos gobernos dos estados que a conforman.

Reforma das Pensións
05-08-2011 Máis recortes: a nova reforma das pensións  
O 21 de xullo o parlamento español acaba de aprobar a reforma das pensións, das nosas pensións, non das súas que son ben distintas das nosas

Convenio Colectivo
07-07-2011 ESTE CONVENIO NON, OUTRO RESULTADO ERA POSIBLE  
Onde quedaron as demandas do Comité Intercentros?.O problema é a
actitude submisa diante da empresa...
  Máis cifras para descubrir a verdade
  Demandamos do Intercentros un Referendo

Convenio Colectivo 2011
Para esixir a readmisión dos despedidos
NON ao ERE / Por un convenio xusto.
NON á destrucción de emprego.

Nas quendas de mañá, as últimas 2 horas da súa xornada.

Nas quendas de tarde, as primeiras 2 horas da súa xornada.

Nas quendas de noite, as últimas 2 horas da súa xornada.

Nas quendas partidas hai dúas opcións: as últimas 2 horas da xornada de mañá ou as últimas 2 horas da xornada total.

Nas xornadas reducidas a parte proporcional.


Convenio Colectivo 2011
03-06-2011 O falso debate sobre o ERE en Telefónica  
Os socios están a facerlle o xogo á empresa, introducindo debates interesados sobre o ERE. A realidade é outra: esta empresa non precisa destruír emprego para seguir gañando cartos a esgalla.

Convenio Colectivo 2011
31-05-2011 Negociación do Convenio Colectivo  
A cuestión non se reduce a presentar unha plataforma de convenio boa, ou cando menos aceptable, trátase de defender a posición dos traballadores na negociación coa empresa e non acabar traficando cos seus dereitos.

ERE: O recorte de Plantilla
26-05-2011 Ata cando a destrución de emprego?  
Cando se presentou o primeiro ERE, xustificouse dicindo que con esa medida acadábase a plantilla obxectivo. No segundo chegou a dicirse que sería o definitivo, non se precisarían máis axustes. No terceiro, xa saen algúns sindicatos a defender a decisión da empresa, xustificando a destrución de emprego.

O recorte de Plantilla
30-04-2011 Asalto a cara descuberta  
Non é casual que ao día seguinte de anunciar a destrución de 6.000 postos de traballo, repartan 450 millóns € entre os directivos.

25-04-2011 Telefónica entregaralle a bancos e fondos de investimentos 7.300 millóns de euros anuais
 
O Comité Provincial da CIG de Telefónica de Pontevedra asegura que a compañía “quitarallos aos traballadores e ao investimento”

novas anteriores >>
¿Arquivo pdf?
Non

Calendario Laboral 2012
CIG Galiza 2012
DOG - Galiza 2012
DOG - Locais 2012

PROCESO DE CREACIÓN DE EMPREGO PRA VENDEDOR DE EMPRESAS

CONVOCATORIA DE BECAS PRA NOVOS TITULADOS

FlashMob dos compañeiros de Barcelona 10/05/2011

Telefónica e o neoliberalismo
Artigo de Xavier Vence publicado no Avantar

Conflito en O+M
Despois de 15 semanas de paros na folga indefinida convocada en O+M A Coruña, seguen parando o 100 % dos traballadores, dende a CIG queremos mostrarlles o noso apoio.
ÁNIMO COMPAÑEIROS

II Conferencia Nacional CIG Telefónica

Convenio Colectivo 2008
Revisión Salarial e Negociación Colectiva
Propostas da CIG

ERE 2003-2007
Tratamento Fiscal
Consideracións da CIG sobre o ERE

Comité Intercentros
Actualización de Funcións de OTPI
Unficación de Categorias Egpe-Epe1

 
 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega