www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
A Asociación

ATAM nace o 1 de xuño de 1973 e través da cláusula 17 do VI Convenio Colectivo Sindical de Telefónica, conta por tanto con mais de 30 anos de experiencia no desenrolo de actividades e servizos dirixidos o grupo social obxecto dos seus fins: as persoas con discapacidade.

E unha Asociación sen animo de lucro financiada integramente polo Colectivo de Telefónica: traballadores, pensionistas, prexubilados, etc, e por compañeiros de outras empresas do Grupo Telefónica de xeito que a traveso dunha pequena cota colaboran solidariamente en manter esta institución. Participa ademais en proxectos, colaboracións e concertos con outras entidades, Asociacións e Administracións Públicas.

Os fins de ATAM están recollidos nos Artigos 6 e 7 dos seus estatutos, nos cales se sinala que ATAM ten fundamentalmente o dobre obxecto social de :

- Asesorar, coordenar e apoiar accións na prevención das minusvalías.

- Salvagardar os dereitos das persoas con discapacidade beneficiarias de ATAM, a traveso da provisión de recursos rehabilitadores que teñan como fin primordial a integración social.

No Artigo 8 dos Estatutos da Asociación disponse que poderán ser socios de ATAM os empregados en situación activa, prexubilados, desempregados por xubilación ou invalidez e os conselleiros membros do Consello de Administración de Telefónica, así como traballadores e directivos das empresas do Grupo Telefónica que previamente subscriban o correspondente convenio de colaboración coa asociación.

No artigo 9 dos Estatutos establecese que poderán ser beneficiarios da asociación e polo tanto solicitar os seus servizos, axudas e demais beneficios da mesma os socios anteriormente mencionados, o conxugue ou parella de feito e os fillos que convivan e dependan de forma efectiva ou estean baixo a súa responsabilidade legal. Para solicitar estas axudas os beneficiarios deberán estar censados na Asociación.

ATAM dispón dun catalogo de axudas para dar resposta ás necesidades de calquera discapacidade, estas axudas son complementarias das que conceden os organismos públicos, están rexistradas no Libro Regulamentario de Axudas. Tanto este documento como os Estatutos de ATAM poden ser consultados nesta mesma páxina.

Segundo se indica no Artigo 16 dos estatutos da asociación os órganos de goberno de ATAM son a Xunta Xeral e o Consello Reitor. A Xunta Xeral está integrada por 49 membros dos que 25 son nomeados pola dirección de Telefónica e 24 pola representación social a través dos sindicatos presentes nas empresas do Grupo Telefónica. A Xunta Xeral elixirá ademais os membros que forman o Consello Reitor integrado por 9 persoas: 5 membros en representación de Telefónica e 4 membros da representación social. O presidente é nomeado por Telefónica e o Vicepresidente pola representación social.

A elección da representación social faise en función dos resultados das eleccións sindicais por reparto directo na porcentaxe de votos, de este xeito a CIG tivo presencia na Xunta Xeral dende o ano 1995 ata o 2007.


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega