www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
A CIG en ATAM

Na CIG temos claro cales deberían ser os eixos fundamentais de traballo na Xunta Xeral: Participación, compromiso e democracia na toma de decisións. Esta non é a dinámica de traballo que a día de hoxe nos atopamos na asociación, situación que tras a modificación dos estatutos no ano 2004 aínda empeora coa desaparición das comisións de zona e a redución considerable na participación dos socios na toma de decisións.

Ano tras ano denunciamos esta situación en todas as Xuntas Xerais nas que participamos tratando de aportar o noso punto de vista e loitando por que a presencia en Galiza de ATAM se incremente pois aínda hoxe e meramente testemuñal. Traballamos por unha asociación na que socios, beneficiarios e profesionais poidan participar activamente na toma de decisións, unha asociación viva que loite por un cambio real na situación das persoas con discapaciade. Dende a reflexión, a análise e a critica construtiva tentamos que o propio colectivo que forma parte de ATAM sexa o protagonista das accións que se levan a cabo e non se use a asociación a capricho do que marque Telefónica.

Observamos como moi preocupante o rumbo que está levando ATAM nos últimos tempos, hai un claro desmantelamento dos recursos materiais e humanos da asociación pasando esta a ser cada vez mais unha organización que xestiona recursos financeiros, dándolle a cada paso menos peso os centros e os profesionais que traballan para ATAM.

Pensamos que a asociación debe facerse visible en todos os territorios, as persoas que son beneficiarias precisan dun trato persoal e directo, a intervención debe posibilitar un cambio real na situación da persoa e debe pasar por actuacións individuais pero tamén colectivas. A axuda económica que presta ATAM ten que vir acompañada necesariamente de outras accións procurando que a persoa con discapacidade participe no seu desenvolvemento nun contexto de intervención axeitado.


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega