www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
ATENTO
Páxina Web da Sección Sindical de CIG-Atento

Mobilizacións en ATENTO
5-11-2008   www.blogoteca.com/cigatento/
O 3 de novembro precipitouse o conflito en Atento: Foron comunicados 29 traslados a León (entre eles 6 membros do comité, 2 deles da CIG), co cal se evidencia a mala fé da empresa...máis información en CIGAtento

Premio dun posto de traballo fixo e varios temporais no II Concurso de Telemárketing de Coaxis
1-11-2006 galizacig.com
O sector de Telemárketing da CIG denunciou ante a Inspección de Traballo a convocatoria do II Concurso de Telemárketing organizado pola empresa Coaxis coa colaboración de varias institucións públicas e privadas

27-07-2006 Loitando contra a deslocalización  
Este xoves 27 de Xullo tivo lugar unha xuntanza dunha representación do persoal despedido de Stream e Teleperformance (subcontratas de Jazztel) e da CIG-Banca (na que esta encadrado o sector de Telemárketing) co parlamentar do BNG Fernando Blanco Parga, portavoz de Industria e Enerxía, xunto coa Sección Sindical de CIG-Atento e co Secretario Nacional da Federación de Banca Clodo Montero, para abordar o despedimento de 700 traballadores/as na Coruña e o risco de deslocalización no sector.

11-04-2006 CallCenter : Despido inxustificado  
O pasado mércores 8 de Marzo un traballador do Centro de Atención de Llamadas, S.A. situado no Parque Tecnolóxico, foi despedido despois de que pegase no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG convocando unha Asemblea de Traballadores/as. A empresa alegou para o despido deste compañeiro que é discapacitado “baixo rendemento laboral”... continúa

15-03-2005 Asinado o III Convenio Estatal de Telemarketing (2004-2006) galizacig.com
A sección sindical de CIG en Atento fai balance do último convenio estatal asinado no sector do telemarketing.
 
 

27-01-2005 CGT convoca huelga en el telemarketing el Jueves 27 de Enero  
rojoynegro.info
CGT mantiene la huelga estatal de telemarketing tras recibir una nueva propuesta de la patronal muy por debajo de las pretensiones de los trabajadores

Última xornada de Folga das convocadas en decembro polo Convenio de Telemárketing en A Coruña
3-01-2005
O día 30 de decembro, cunha concentración diante da empresa “Atento”, a maior empresa do sector de Telemárketing na Galiza, pecháronse as mobilizacións convocadas para o mes de decembro na loita por un Convenio Digno para este sector

30 de decembro: A Folga polo Convenio de Telemárketing continúa
29-12-2004
A CIG continuará coa folga en Telemárketing prevista para o día 30, a pesares da desconvocatoria feita por CCOO e UGT

Transferidos os datos de clientes de Telefónica a "Atento-Marrocos"
5-11-2004
Francisco Rodríguez, deputado do BNG, a petición da CIG, fará unha pregunta ao Goberno para que explique a autorización de transferencia internacional de datos dada pola Axencia de Protección de Datos (AEPD) a “Telefónica de España S.A.U.” e a “Atento Teleservicios España, S.A.”. Esta autorización pode abrir o camiño para a deslocalización do sector do telemárketing para Marrocos como xa aconteceu en Francia.

Nova folga pola estabilidade no emprego en Telemárketing
5-12-2004
Aos que atenden reclamacións dos clientes de empresas se lles pediu que atendan as averías que os clientes non poidan registrar chamando a averías, pois preveen que os servicios mínimos non cubran as chamadas dos clientes

Nota da Sección en Atento
3-08-2004

Acadado o acordo sobre horario en Atento-A Coruña
2-08-2004

Comunicado
27-07-2004

 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega