Dadas as condicións laborais existentes en Comercial, CALL CENTER de A Coruña, propomos ao Pleno do Comité de Empresa convocar Folga para os traballadores do Departamento de Comercial de Telefónica de España S.A.U, na Provincia da Coruña polos seguintes obxectivos:
-Eliminación das Presións continuadas as que se ven sometidos os traballadores e traballadoras deste departamento, que impiden traballar dignamente e que son causa de múltiples baixas por estres, ansiedade, depresión etc.
- Disfrute efectivo e flexible das pausas, necesarias para a saúde dos traballadores.
-Tempo administrativo necesario para atender correctamente os clientes.
-Permanencia das gardas dos sábados pola tarde, xa que a supresión significa unha externalización da actividade.
-Supresión das escoitas indiscriminadas a que se ven sometidos os traballadores tanto pola empresa IZO SYSTEM como polos Coordinadores, que non son formativas senón coactivas.
-Reiteradas denuncias no Comité de Seguridade e Saúde sobre a petición de baixas por estres, ansiedade depresión ( Actas Seguridade e Saúde nº 291 de 21-06-02, nº297 de 27-01-03, nº302 de 24-07-03 e nº304 de 18-09-03) non tendo tomado a empresa medidas correctivas.
-Adecuación das quendas e os horarios de traballo que permitan conciliar a vida laboral coa persoal e familiar.
A folga afectará a todos os traballadores e traballadoras do departamento da empresa antes citado. Realizarase esta o día 15 de Decembro de 2003 , a partires das 00'00 horas e cunha duración de xornada completa para todos os turnos. |