www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Comercial

HÉRCULES NON PODE CON TODO

4 de novembro

O día 29/10/03 celebrouse unha reunión entre o xerente, Sr. Dueñas, e representantes sindicais convocada para tratar o tema do absentismo laboral ( INCAPACIDADE TEMPORAL OU BAIXA POR ENFERMIDADE) e a súa posible solución.

Ó noso entender hai dous tipos de baixas claramente provocadas polo clima laboral e hixiénico do centro de traballo de Hércules:

¨ BAIXAS POR STRESS,ANSIEDADE...que dexeneran en moitos casos en depresión.

¨ BAIXAS POR AFONÍAS,INFECCIÓNS LARÍNXEAS, DE CORDAS VOCAIS.Debidas ao aire acondicionado e a falta de limpeza adecuada dos seus filtros , a falta de ventilación deste centro e ao esforzo da voz propio do posto de traballo

NO CASO DO STRESS, sen dúbida se podería reducir drasticamente con deixar traballar á xente como persoas en vez de tratalas como nenos unhas veces e outras como seres deshumanizados dos que só importa o nº de chamadas,os obxectivos, o tempo de pausa, o tempo administrativo, etc.

Ante a nosa sorpresa, por parte do xerente se entende que HAI TEMAS SOBRE OS QUE UN A.S.C. NON PODE OPINAR, como o tema do estándar de atención, PORQUE SIMPLEMENTE SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, ou as labores do coordinador, que, segundo el,  tampouco é tema da nosa incumbencia.

Ademais deixou caer que hai UNHA LISTA DE MARXINAIS, A.S.C. que sistematicamente non conseguen obxectivos , nin as 50 chamadas, ou que non seguen o patrón establecido polo estándar e que por se fora pouco ATRÉVENSE A CUESTIONAR O ESTÁNDAR (feito por unha mente superior, tanto xerárquica como intelectual).

 

DENDE A CIG PEDIMOS AOS ASC:

¨ SER CRÍTICOS en todos os temas que nos incumben,que é moi san para a mente.

¨ SER PROACTIVOS tamén en defender os dereitos, e EN TOMAR AS PAUSAS,que son necesarias para a nosa saúde laboral.

¨ SER CONSECUENTES coas críticas, informar dos problemas e incumprimentos, e apoiar e fomentar a mobilización como medio para mellorar a situación laboral.

 

AO XERENTE, Que cumpra co que prometido na xunta:

¨ ACOPLAMIENTO TEMPORAL PARA OS COMPAÑEIROS QUE SE INCORPORAN DE BAIXAS PROLONGADAS, sobre todo nos casos de stress, ansiedade etc.

¨ Que fale cos coordinadores para que haxa un cambio real de actitude ,sobre todo de algúns.

¨ Que o cambio de quendas que vai  haber, pola reducción dun grupo, non afecte ó turno de nadal/fin de ano , xa que no acordo anterior se fixo un cambio para evitar que este ano estivesen de tarde os mesmos grupos de sempre.


 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega