Orde do día:
1. Actas
2. Informe das Comisións
3. Substitución do delegado de prevención
de UTS
4. Profesionais
5. Varios:
- Reingreso por excedencia especial
2. Informe das Comisións:
Comisión de Seguridade e Saúde laboral
Segundo Mª Goas en PEMES non pasa nada, e os datos de baixas simultáneas
facilitados pola Camino non coinciden co que ven os compañeiros do
Centro.
Inspección de contratas: para facela hai que antes solicitalo por
escrito a Xestión de Contratas.
Traballos acompañados: presenta a empresa unha relación de
centrais para presentar ós traballadores afectados para modificar,
engadir etc.
Traballos en postes compartidos, o Presidente do Comité de empresa
aínda non ten recibido a resolución da denuncia que hai presentada.
Desprazamentos ó servizo médico para revisións, daráselle
o mesmo tratamento que cando chama Muprespa, na localidade non se paga e
para distinta localidade págase o desprazamento.
Comisión de Xestión:
Non houbo, non obstante coméntanse os novos traslados e a escaseza
de persoal para cubrir as necesidades , a reclamación dun compañeiro
por 2 reestruturacións en menos de 2 anos
Quedouse en solicitar unha xunta no CSD para a próxima semana
Está previsto o desmonte do More e o traslado de A Grela para o
seu lugar
Formación:
Segue sen haber xunta a pesares de que problemas non faltan como
o curso en PEMES con xornada partida de 9 a 18:30 con pausa para comer
sen coñecerse a duración e horario da pausa.
3. Substitución do delegado de prevención:
A substitución do delegado de prevención elixido por UTS,
é un tema que leva tempo tratándose no Comité pola falta
de asistencia moi prolongada e sen xustificar deste compañeiro ás
xuntas do Comité Provincial de Seguridade e Saúde Laboral e
a non asistencia ós Plenos do Comité Provincial de representación
de UTS de quen demandar a substitución por parte desa organización.
Ante a proposta de CCOO de substituir ó compañeiro de UTS
por un de CCOO, aceptase a proposta da CIG de votar por separado a substitución
do delegado e a elección do novo
- Substitución do delegado de prevención: 16 F , 0
C, 0 Abst.
- Elección do novo delegado proposto: 12 F, 0 C, 4 Abst.
4. Profesionais:
Informa o presidente da carta de 2 de Xuño de compromiso dunha responsable
de Recursos sobre o tema despois da xunta mantida por CCOO, UGT e a empresa
á marxe da Comisión de Comercial.
CCOO e UGT consideran logrados os principais obxectivos reivindicados polos
traballadores e propoñen facer un comunicado do Comité nese
sentido.
CIG recoñece que a situación é nova independentemente
do procedemento (saltarse a Comisión de Comercial para evitar a presenza
doutras forzas sindicais) polo que se chegou a ela e polo tanto os traballadores
deben poder valorala e dicir se consideran satisfeitas as súas reivindicacións.
Polo tanto propoñemos que se faga o comunicado informando da existencia
da nova situación sen fixar ningunha posición por parte do
Comité proposta que ten o seguinte resultado:
16 F , 0 C, 0 Abst.
En consonancia co anterior CIG propoñemos a celebración
de asambleas do Comité en Profesionais para que os traballadores
afectados poidan valorar a nova situación escoitando a opinión
das distintas forzas sindicais, pasouse a votación co seguinte resultado:
4 F (CIG, CGT e STC), 12 C, 0 Abst.
5. Varios:
Reingreso por excedencia especial:
Acórdase que o Comité faga un escrito dirixido á empresa,
de apoio á compañeira que solicita o reingreso (retornando
de Telefónica S.A.) anticipadamente.
|