www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Hemeroteca

Emprego e a externalización de actividade
17-03-2009 A Batalla polo Emprego  
Hai xa moitos anos que a CIG ven advertindo da intención de Telefónica de impor un
novo modelo de empresa, contrario ós intereses dos traballadores, con profundas
modificacións nas condicións laborais e incluso salariais.

II Conferencia Nacional CIG Telefónica
11-03-2009 Preparatorio da Conferencia  
O vindeiro 6 de xuño a Sección Sindical CIG Telefónica celebrará a súa II Conferencia Nacional, o obxectivo deste acto é actualizar a análise da situación na empresa, valorar as perspectivas de futuro, e discutir e definir os obxectivos sindicais e o modelo de organización que nos permita encarar os tempos futuros nas mellores condicións posíbeis.

Comunicado Conxunto: Despedimentos e Sancións
11-03-2009 O primeiro xuízo polas sancións se celebrará o 12 de marzo
O próximo xoves, 12 de marzo, terá lugar o xuízo contra a sanción de 45 días sen soldo a Juan Torres, un dos sancionados polos presuntos incidentes acontecidos no Distrito "C" de Madrid e o día 26 deste mesmo mes terá lugar o de Miguel, Roberto e Juan Maroto.

Conflito en O+M
26-02-2009 2 meses de loita  
Os compañeiros de O+M de A Coruña levan 10 semanas en folga, parando 1 hora á
semana e cunha participación do 100%, nunha loita contra a externalización da
actividade de mantemento.

25-02-2009 A Coruña: Reestructuración Organizativa no CTNC
Prazas para o CXU (CGU: Centro de Gestión Unificada) de Espiño  
O que debería ser un proceso limpo, aberto e transparente, está a converterse nunha
autentica chapuza, chea de incertezas, rumores e chanchullos aos que nos ten
acostumados a empresa e os seus socios CCOO e UGT.
 

25-02-2009 Comisión de Emprego
Proxecto GPS: Externalización de actividade  
Con toda a propaganda coa que nos bombardea a empresa sobre GPS, coa información que nos chega sobre o falado na Comisión de Emprego do 9 de xaneiro e coas Comisións de Xestión nas que a CIG participa, podemos facer unha valoración sobre o que supón este proxecto para os traballadores.

Comunicado Conxunto
20-02-2009 Ano novo... vellos problemas
Empezamos un novo ano con problemas herdados do que acaba de rematar, todos eles relacionados directamente coa negociación do pasado convenio.

Convenio Colectivo 2008-2010
30-01-2009 IPC: 3% para os traballadores, 15% para os accionistas  
O comunicado enviado pola empresa o pasado 22 de xaneiro, no que se fala do IPC “real” do ano 2008 e a suba nos salarios pactada no vixente Convenio Colectivo, ven explicarnos con claridade o “enorme logro” conseguido en canto a aspectos salariais.

Comunicado Conxunto
20-01-2009 A loita de O+M
Na Coruña os compañeiros de O+M iniciaron un paro indefinido dunha hora semanal. Defenden que non se externalice o mantemento de O+M.
 

Conflicto en O+M, Tx e Cx
18-01-2009 3º PARO: O desmantelamento dos GMO  
Convocado paro indefinido para os MERCORES na ultima hora de cada quenda (mañá, tarde e noite) para rexeitar o Plan presentado pola empresa para Actividades Locais O+M.
O paro está convocado nas localidades de A Coruña, Santiago e Ferrol.
Este Plan supón a externalización do mantemento, cambios de acoplamento forzosos e a modificacións nas condicións laborais (gardas, quendas...) dos grupos de Tx e Cx.
  Comisión de xestión
3º Comunicado O+M: Modelo Operativo de Actividades O+M
Comunicado O+M: Segunda Xornada de Paro = 100%
Comunicado O+M: 1º paro = apoio total
Comunicado: CONVOCADA FOLGA EN O+M

15-12-2008
Reunión Comité de Folga O+M-Empresa. Servicios Mínimos
Pleno extraordinario do Comité : O+M
O paro está convocado nas localidades de A Coruña, Santiago e Ferrol.
Este Plan supón a externalización do mantemento, cambios de acoplamento forzosos e a modificacións nas condicións laborais (gardas, quendas...) dos grupos de Tx e Cx.
Mais información sobre o conflito en O+M
Comunicado: A Empresa empeza a desmantelar O+M
Modelo de clasificación profesional para Telefónica de España
Evolución del Modelo Logístico
HACIA EL MAYOR VALOR: Operaciones Locales

Comunicado Conxunto: 2 despedimentos incomprensíbeis
24-11-2008 Comunicado: Valoración da Sentencia Despedimentos
Sentencia desproporcionada e inxusta co sindicalismo máis reivindicativo
Anexo: Sentencia Xudicial

17-11-2008 A CIG mobilízase en toda a Galiza en demanda de medidas para enfrontar a crise económica www.galizacig.com
Máis de 15.000 persoas sairon ás rúas no noso país
As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
 

11-11-2008 Comunicado: Ate o día 7  
Resultados do Paro do 7 de novembro en Galiza
Paro de 3.5 horas o vindeiro venres 7 de novembro en apoio ós compañeiros e compañeira expedientados. A CIG convoca o paro para esixir a retirada das sancións e despedimentos ós delegados do Comité de Madrid, recorda que serán as 3.5 últimas horas de cada quenda, para as xornadas reducidas o paro redúcese na parte proporcional ata o máximo de 3.5 horas.
Anexo: Confirmación da Autoridade Laboral

24-10-2008 A Empresa empeza a desmantelar O+M
Hai varias semanas os responsábeis locais prantexaron unha reestruturación organizativa que implicaba o pase de 3 OTPI de Conmutación para Transmisión, espindo un santo para malvestir
outro .... continua
Anexos: Propostas da empresa que preceden ao desmantelamento
Modelo de clasificación profesional para Telefónica de España
Evolución del Modelo Logístico
HACIA EL MAYOR VALOR: Operaciones Locales

20-10-2008 Resultados do Paro do 16 de outubro

15-10-2008 Comunicado Conxunto: TELEFÓNICA NON QUERE DIALOGAR
Pasaron dúas semanas desde o último paro e a Dirección de Telefónica volveu amosar a súa actitude non dando ningún paso na busca dunha saída dialogada ao conflito...

1-10-2008 Comunicado Conxunto: MODIFICAMOS AS MOBILIZACIÓNS
A Empresa continúa coa súa estratexia manipuladora e enviou un escrito a tódolos Comités Provinciais, utilizando de xeito interesado as “confesións” feitas por unha das persoas despedidas, que decidiu asumir feitos que non realizara para librarse dese despedimento, ante a incerteza que xera xogarse o seu futuro nun xuízo .... continua

novas anteriores >>
 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega