| Hemeroteca |
|
|
Alegrámonos moito de poder comunicarvos esta nova, mais tamén queremos valorar a
actuación de Telefónica na capacitación en galego dos seus traballadores e traballadoras para que os dereitos da nosa clientela galegofalante sexan respectados. |
|
| O curso é accesible na seguinte dirección: http://formacion.je.telefonica |
| Área: Mis conocimientos // Subárea: Idiomas Autonómicos |
|
|
|
| Suso Seixo, secretario xeral da CIG, foi o encargado de defender no pleno do Parlamento, como portavoz da comisión promotora, a Iniciativa Lexislativa Popular a través da que máis de 19.000 galegos e galegas demandaban a derrogación do chamado plus de altos cargos. |
|
|
|
| Procesos de selección - Pontevedra |
|
|
| Diante da incapacidade e a deixadez manifesta dos sindicatos responsables da xestión do Comité Provincial e do Comité Intercentros para facerlle cumprir os acordos á Empresa, esta continuou coas súas actitudes arbitrarias e unilaterais, como é o caso da convocatoria de Asesor Base Técnico de Cliente... |
|
|
|
|
| É esta unha convocatoria na que non se informa á RRTT, non se menciona na Comisión de Emprego, non se cita ao Comité a unha reunión da Comisión de Xestión onde se debería de informar, e falamos de máis 400 prazas en todo o estado. |
|
|
|
|
| Na defensa das nosas condicións laborais, os traballadores e traballadoras, debemos ser capaces de analizar e reflexionar sobre a nosa realidade no seu conxunto, non debemos limitar a nosa ollada a unha soa cuestión pois probablemente perderíamos de vista os verdadeiros obxectivos que persegue a empresa. Cómpre analizar se os movementos que dá a empresa teñen, ou non, relación entre si. |
|
|
|
| Plataforma: Queremos Galego |
|
|
|
A CIG de Telefónica sumouse á convocatoria da manifestación da plataforma
QUEREMOS GALEGO. A marcha en defensa da lingua foi histórica, 100.000 segundo
os convocantes e 50.000 persoas segundo a policía local |
|
|
|
| Convenio Colectivo - Despedimentos e Sancións |
|
|
| Hai uns días fíxose pública a sentenza do xuízo polas sancións de 45 días de emprego e soldo aos compañeiros Miguel Izquierdo, Roberto Varas y Juan Maroto |
|
|
|
|
|
| A suspensión realízase coa intención de abrir un período que nos permita facer unha análise da situación actual do departamento, procurando ao mesmo tempo establecer un verdadeiro dialogo coa empresa, este movemento foi consultado cos propios traballadores, que por maioría optaron por dar este paso. Quedan polo tanto suspendidos os paros dos seguintes mércores: 16, 23 e 30 de setembro, 7 e 14 de outubro |
|
| Escrito de suspensión |
|
|
|
| Telefónica e os seus socios sindicais “legalizan” o incumprimento do convenio que a empresa viña perpetrando desde primeiros de ano. |
|
|
|
| Convenio Colectivo - Despedimentos e Sancións |
|
|
|
| A vindeira xornada de paro da folga para todo o persoal de Telefónica, será o martes 23 de xuño. Cámbiase do mércores ao martes para que coincida coa xunta de accionistas que está previsto celebrar o 23 de xuño.
|
|
|
|
| Na mañá do día 6 de xuño de 2009, tivo lugar na sede da CIG en Compostela o acto final da II Conferencia nacional da CIG-Telefónica, co lema: |
Na Defensa do Emprego Colectivo en Telefónica |
|
|
|
|
| Próximos Paros 10, 17 e 23 de xuño |
|
|
|
| Todas e todos sabíamos o que nos xogábamos na negociación do Convenio Colectivo, por ese motivo houbo unha mobilización capaz de retirar as maiores agresións dun texto, que finalmente foi aprobado no mes de xullo e de costas aos traballadores e traballadoras. |
|
|
|
| Convenio Colectivo - Despedimentos e Sancións |
|
|
| O pasado martes, día 26 de abril, a CIG xunto con varios representantes de sindicatos que formamos a Coordinadora de Burgos entregamos en Madrid, ó Xefe de Relacións Sindicais de Telefónica, Juan Carmona, unhas 10.000 sinaturas de traballadores e traballadoras desta empresa en apoio ós despedidos e sancionados. |
|
|
|
|
Case 6 meses despois de que se iniciara o paro de O+M na Coruña para rexeitar a
externalización da actividade do mantemento, e o pase forzoso de varios compañeiros ó CNAI, nin a empresa nin os seus socios conseguiron que nin un só OTPI se descolgara do paro. A Coruña é hoxe un símbolo para os compañeiros/as de O+M de moitas provincias.
|
|
|
| Empresa, CCOO e UGT ignoran a voz d@s traballador@s |
|
|
| A nova actividade está dirixida á contención de baixas, a empresa pasará en bloque un grupo de Desarrollo a esta nova actividade. |
|
|
|
| 17 de maio Día das Letras Galegas |
|
|
| A manifestación que cada ano convoca a Mesa pola Normalización Lingüística o Día das Letras Galegas en defensa da lingua tivo unha participación masiva, histórica. |
 |
 |
|
|
|
|
|
| Co Plan de actividades de O+M, a empresa, coa colaboración dos sindicatos asinantes do Convenio, intenta desprazar da actividade de mantemento de equipos o persoal propio e substituílo por persoal alleo. |
|
|
|
|
| Convenio Colectivo - Despedimentos e Sancións |
|
|
O 12 de marzo celebrouse o xuízo pola sanción de 45 días de emprego e soldo a Juan
Torres, delegado sindical de Co.bas, é o primeiro dos xuízos que se celebra para solicitar a nulidade das sancións de 45 días e xa hai sentenza pública. O fallo anula dita sanción e engade que a resolución é firme ao non contemplarse legalmente a posibilidade de interpoñer recurso |
|
|
|
|
| O mércores 22 de abril tivo lugar a primeira xornada de paro a nivel estatal da folga indefinida convocada en O+M, folga que ten un obxectivo fundamental: evitar a externalización do mantemento. |
|
|
|
|
|
| Os sindicatos que conformamos a Coordinadora de Burgos convocamos Folga indefinida a partir do vindeiro 22 de abril. Están convocados a estes paros os traballadores de O+M de todo o estado, as xornadas de paro coinciden coas de O+M A Coruña, que lembramos, levan xa 17 xornadas de paro cun seguimento do 100% |
|
|
|