www.cigtelefonica.com
 
       
A Coruña Pontevedra Ourense Lugo
 
 
 
 
 
Hemeroteca

1º de Maio
A CIG conmemora o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestacións en todo o país
 
A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Viveiro e Ribeira.
Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos

Folga 7 de abril
Para esixir a readmisión dos despedidos por baixas médicas xustificadas.
Non podemos esquecer, o problema persiste, a mobilización ten que continuar.
Maricruz e Marcos precisan do apoio de todos e todas.

Nas quendas de mañá, as últimas 3.5 horas da súa xornada.

Nas quendas de tarde, as primeiras 3.5 horas da súa xornada.

Nas quendas de noite, as últimas 3.5 horas da súa xornada.

Nas quendas partidas hai dúas opcións: as últimas 3.5 horas da xornada de mañá ou as últimas 3.5 horas da xornada total.

Nas xornadas reducidas a parte proporcional.

POLO DEREITO Á SAÚDE!!!
DESPEDIDOS READMISIÓN!!!
MARICRUZ E MARCOS SOMOS TODOS!!!

Eleccións Sindicais
07-03-2011 RESULTADOS DAS ELECCIÓNS

 
Polo sindicalismo de clase
Polo emprego de calidade
Pola Negociación Colectiva
Pola defensa dos nosos dereitos
Coa CIG defendes a participación, a mobilización e a denuncia da inxustiza.

Folga do 17 de marzo
21-03-2011 Seguimos a loitar pola readmisión  
Dende a CIG queremos manifestar o noso agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que apoiaron a xornada de folga para esixir a readmisión de Maricruz e Marcos
  Fotos e comunicado da mobilización en Pontevedra

En defensa do Emprego en Telefónica, mobilización permanente!!!
16-03-2011  
POLO DEREITO Á SAÚDE: DESPEDIDOS READMISIÓN!!!
Todos os sindicatos, agás CCOO e UGT, convocamos paros para esixir a readmisión de Maricruz e Marcos...

Negociación Colectiva
04-03-2011 O reparto do botín en Telefónica  
Poucos días despois de anunciar un novo reparto de dividendos histórico e uns beneficios excelentes, recortan as nóminas dos traballadores

Despidos inxustificados
28-02-2011 Maricruz e Marcos non están sos  
Máis de 5900 compañeiros e compañeiras mostraron a súa solidariedade con Maricruz e Marcos, demostrándolle á empresa que darán a batalla para conseguir a súa readmisión, demostrándolle tamén a todo o cadro de persoal que aínda queda moita xente con dignidade e con capacidade de loita para defender os dereitos laborais de todos e todas.
  Cousas que hai que saber

Infórmate, reflexiona, actúa... Mobilízate!
15-10-2010  
XOVES 24 DE FEBREIRO PARO DE 2 HORAS
POLO DEREITO Á SAÚDE: DESPEDIDOS READMISIÓN!!!
En defensa do Emprego en Telefónica, mobilización permanente!!!

A empresa despediu, botando man da reforma laboral, a unha traballadora de Madrid e un traballador de Barcelona

Reforma Laboral
08-02-2011 A CIG continuará coas mobilizacións en contra dos recortes que establece o novo "acordo social"  
A central convocará novos actos de protesta nas vindeiras semanas coincidindo coas tramitacións parlamentares das medidas

28-01-2011 80.000 galegas e galegos decidimos non resignarnos e mobilizarnos  
Malia o boicot da maioría dos medios de comunicación e ao intento de desmobilización de CCOO e UGT
  A CIG convoca folga xeral o 27 de xaneiro

Negociación Colectiva
14-01-2011 Estamos lexitimados para esixir melloras  
Cada día que pasa móstrasenos con máis claridade que tipo de crise estamos a padecer. A cada paso vemos máis claro que o capital, coa colaboración dos gobernos, pretende pasarnos a factura aos traballadores e traballadoras.

Actividade Sindical
26-11-2010 Telefónica, condenada por conduta antisindical contra a CIG  
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de condenar a Telefónica de España a cesar na súa conduta antisindical contra a CIG.
A CIG demandou a empresa por negarlle información relativa ás cotizacións á Seguridade Social, é unha información que tódolos traballadores teñen dereito a coñecer, mais a empresa négase tanto a publicar nos taboleiros de anuncios como a facilitar a esta sección sindical dita información.

Boletín Sindical
Porqué a clase traballadora non reacciona?
1.- A estratexia da distracción
2.- Crear problemas e despois ofrecer solucións
3.- A estratexia da gradualidade
4.- A estratexia de diferir
5.- Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade
6.- Utilizar o aspecto emocional...
7.- Manter ao público na ignorancia e a mediocridade
8.- Estimular ao público a ser compracente...
9.- Reforzar a auto-culpabilidade
10.- Coñecer aos individuos mellor do que eles...
 


Convenio Colectivo
Pontevedra 20-12-2010 A empresa entra a saco  
A proposta da Empresa na última reunión de Negociación Permanente, que tivo lugar o 2 de decembro, deixa ás descubertas as mentiras dos sindicatos entreguistas, a máis do seu papel de anestesiante e desmobilizador do persoal, auténticos cómplices necesarios da destrución do Emprego en Telefónica tal e como o coñecemos

A Coruña 16-12-2010 A empresa concreta as súas pretensións  
O documento que entrega a empresa na Comisión de Negociación Permanente marca
claramente cales son as verdadeiras intencións. Primeiro quixo establecer unha análise da realidade que lle fose favorable, contando co apoio dos sindicatos socios, que se encargan de difundir esa mesma mensaxe: “é preciso adecuar a plantilla para mellorar a posición competitiva da empresa”. Despois do segundo, virá o terceiro ERE.

Convenio Colectivo
26-11-2010 A EMPRESA QUITA A CARETA...  
Nas reunións de negociación permanente dos días 6 e 27 de outubro e 18 de novembro a empresa puxo ben ás claras de que se está falando escondido detrás da “negociación da prórroga do convenio”...

27-10-2010 Cuestión de coherencia  

25-10-2010 A prórroga desexada pola empresa  

Reforma Laboral
22-11-2010 A CIG mobilízase en toda Galiza contra as reformas do capital e as políticas antisociais da Xunta de Galiza  
O sindicalismo nacionalista mobilizou a miles de persoas que percorreron as rúas das principais cidades e vilas de Galiza para reiterar o seu rexeitamento ás antisociais medidas que veñen adoptando os gobernos central e galego

FOLGA XERAL: 29 de setembro
15-10-2010 A mobilización é necesaria  
A clase traballadora debe organizarse na defensa dos seus dereitos. Atentados tan claros como a reforma laboral, os recortes que pretenden nas pensións, as modificacións que buscan patronal e goberno na negociación colectiva... deben poñernos en alerta e prepararnos para darlle resposta a todos estes movementos contra os nosos intereses.

FOLGA XERAL: 29 de setembro
8-10-2010 Valoración e datos da folga do 29
En Galiza, na Telefónica, paramos máis do 64%
  O Comité de A Coruña apoia a folga xeral
  Delegados/as da CIG realizan peches nas entidades bancarias das sete cidades para sinalar os verdadeiros culpábeis da crise
  Convocatoria folga xeral
  Motivos para a folga xeral
  Razóns pra unha folga
  Serve a folga para algo?
Parabéns aos compañeiros e compañeiras que decidiron defender os seus dereitos

Outro modelo económico e social é posíbel
29 DE SETEMBRO FOLGA XERAL
A nova reforma laboral do Goberno español contén unha serie de medidas que supoñen un ataque aos dereitos das traballadoras e traballadores e non vai servir para crear emprego nin para rematar coa precariedade.

Fronte a isto a CIG propón unha política fiscal de carácter progresivo, combater a fraude e os paraísos fiscais, incrementar o investimento público en actividades económicas produtivas e crear unha banca pública e empresas públicas en sectores estratéxicos

www.galizacig.com
  Unha reforma laboral que non crea emprego

Negociación Colectiva
21-06-2010

A CIG pula porque non se prorrogue o convenio

 
Cando os traballadores e traballadoras acudimos á negociación colectiva facémolo coa intención clara de mellorar as nosas condicións laborais, na situación actual tamén.

Negociación Colectiva - Pontevedra
16-06-2010 Contra a negociación permanente, en defensa do emprego en Telefónica: NON Á PRÓRROGA DO CONVENIO  
O sucedido en Telefónica desde a sinatura do actual Convenio Colectivo non fixo máis que darnos a razón aos que vimos denunciando os perigos da “negociación permanente”: Falta de transparencia...
Prórroga do Convenio Colectivo e mesas abertas de Negociación (Comité Pontevedra)

Negociación Colectiva
10-05-2010 Unidade Sindical contra a transformación que non nos convén
 
É fundamental para a totalidade dos traballadores e traballadoras, independentemente da súa afiliación sindical e da súa situación persoal na empresa, defender a Negociación Colectiva e rexeitar e acabar coa Negociación Permanente; opoñerse con toda firmeza á desregulación normativa e ás relacións laborais individualizadas: Nova Clasificación Profesional, dobre escala salarial...; e defender como sexa o emprego en Telefónica, e polo tanto opoñerse a calquera tipo de despedimentos

Plano de axuste, reformas laborais
24-05-2010 A CIG reitera o seu máis contundente rexeitamento ás medidas presentadas por Zapatero e reafirma a necesidade dunha folga xeral  
CIG vén de reiterar, en rolda de prensa, o seu máis contundente rexeitamento ás
medidas regresivas e antisociais presentadas a pasada semana por Zapatero e de facer un novo chamamento a que as mobilizacións se estendan ao conxunto da clase traballadora e non se cingan exclusivamente aos empregados/as públicos/as.

24-05-2010 O que non se di da crise  
A crise que están a vivir algúns países mediterráneos -Grecia, Portugal e o Estado
español- e Irlanda estase atribuíndo ao seu excesivo gasto público, que se supón creou un elevado déficit e unha exuberante débeda pública, escollos que dificultan
seriamente a súa recuperación económica.

Día das letras galegas
19-05-2010 Queremos Galego congrega en Compostela a arredor de 100.000 persoas baixo o lema “O Galego, o noso existir”
Unha multitudinaria manifestación percorreu as rúas de Compostela convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, baixo o lema “O galego, o noso existir”, para celebrar un histórico e reivindicativo Día das Letras Galegas. Unha xornada na que estivo presente na memoria de todos e todas as asistentes Uxío Novoneyra, ao que se homenaxeaba nesta data, porque o galego, a forza do noso amor, non pode ser inútil, como se lembrou, unha e outra vez nas diferentes intervencións.
A CIG Telefónica, unha vez máis, estivo na defensa do galego.
Dentro e fora da Telefónica queremos Galego
 

Plano de pensións
10-05-2010 Esiximos ELECCIÓNS XA !!!  
Os sistemas de Previsión Social son conquistas da clase obreira, froito da loita pola
mellora de vida dos traballadores e traballadoras, e xa sabemos que aqueles dereitos que non se defenden poden acabar perdéndose. Hoxe podemos estar diante dunha reforma nas pensións que nos recorte dereitos coa escusa da crise que tan ben rentabilizan a banca e a gran empresa, podemos acabar pagando só os traballadores e traballadoras.
  Que se escoite a túa opinión, participa !

1º de maio
10-05-2010 No 1º de maio levamos a defensa do “Emprego en Telefónica” á rúa  
Porque non só vimos sufrindo con maior intensidade e dureza desde o último convenio o intento da empresa de mudar a natureza da relación laboral en Telefónica, o cambio do Contrato Colectivo que coñecemos de sempre por relacións laborais individualizadas, senón tamén a redución da cantidade de emprego na provincia: 20 empregos menos na provincia de Pontevedra desde xaneiro de 2008, data da entrada en vigor do actual Convenio.  
  Breve reseña histórica do primeiro de maio

Non ao ERE
09-04-2010 Resposta ao discurso da empresa  
A CIG estivo presente no acto que Guillermo Ansaldo celebrou no hotel Hesperia da Coruña. Mentres dentro do hotel se escoitaba o discurso oficial e monolítico da empresa, fóra, delegados e delegadas da CIG concentrámonos cunha pancarta
e entregamos un escrito para facer patente que nós temos outro discurso.
  Escrito dirixido a Ansaldo

Comité provincial de A Coruña
30-03-2010 Modificación no Comité de Empresa  
Celébranse dous Plenos Extraordinarios, un para a modificación do Regulamento e outro para a elección do Presidente do Comité.
  Informe do Pleno Extraordinario (Cambio de Presidente)
  Informe do Pleno Extraordinario (Cambio Regulamento)
  Quen son as marmotas?

Non ao ERE
02-03-2010 Telefónica teima co despedimento colectivo  
A pesar de que o Comité Intercentros, e os Comités Provinciais, non teñen constancia dun novo ERE en Telefónica, hai un ruxerruxe incesante sobre esta cuestión.
  Escrito ao Ministro

Negociación Colectiva
16/02/2010 Organizarse para cambiar a dinámica  
Para o noso sindicato é esencial discutir e acordar unha táboa reivindicativa que centre de maneira precisa os obxectivos irrenunciables, sen que isto supoña perda da autonomía de ningunha organización

Sistema de pensións
15/02/2010 A gran mentira sobre a reforma das pensións  
No ano 1996 o Banco de España, a Cúpula dos Empresarios, a Unión Europea e todos os analistas pagados polo sistema, pronosticaron a quebra da caixa das pensións no ano 2012. Dende aquela data levan insistindo nunha campaña de derribo das Pensións Públicas coa única finalidade de trasladar este sistema ao control dos Bancos e as Aseguradoras para convertelo en negocio do Capital financeiro. Vexamos porque minten.
  Análise de situación do Sistema Público de Pensións www.galizacig.com

Negociación Colectiva
11/02/2010 A transformación que non nos convén  
A empresa dinos: “Vivamos la transformación” e a CIG di: os traballadores e traballadoras non temos porque sufrir a transformación nin temos nada que gañar con ela.

novas anteriores >>
 
 
Subir
Sección Sindical en Telefónica de España S.A.U.
 
 Confederación Intersindical Galega