Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 30/01/2008

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Hemeroteca

Atrás
Pretenden reformar o Regulamento do Comité de Lugo
27-12-2007

Dende a CIG entendemos que estas propostas teñen como obxectivo recortar dereitos dos traballadores de Telefónica en Lugo en canto á información que reciben e a transparencia que merecen. Intentan tamén evitar que as posicións sindicais discrepantes teñan chegada a todos os traballadores. Por ese motivo considerámolas como antidemocráticas e máis propias de dictadorzuelos que de organizacións sindicais.


 
Xuntanza da Coordinadora de Burgos
19-12-2007
Os sindicatos que integran a Coordinadora de Burgos celebraron unha xuntanza o pasado xoves 13 de decembro para tratar o tema da Negociación Colectiva de cara ó Convenio. A acordo foi xuntar as propostas coincidentes, que son bastantes, para procurar facer un documento que incorpore os aspectos máis importantes de cara á negociación do convenio. Dende a CIG estamos intentando que as nosas Propostas, elaboradas e aprobadas nas Asembleas, sexan incorporadas a este documento

 
Negociación Colectiva: Propostas ao Convenio
05-12-2007

Na CIG temos rematada a elaboración das propostas para a Plataforma do Convenio Colectivo, de seguido iniciaremos os pasos pertinentes no proceso de negociación.

 
NON ADOPTES POSTURAS SUMISAS E PASIVAS, LOITA POR PARTICIPAR NA NEGOCIACION DO CONVENIO E DEFENDE OS TEUS DEREITOS.
 
• Esixe garantía de emprego para todo o Cadro de Persoal.
• Esixe que os despedimentos improcedentes teñan a
consideración de nulo.
• Esixe contratación de persoal e freo á destrucción de emprego.
• Rexeita os procesos de externalización.
• Rexeita as dispoñibilidades e tarefas.
• Esixe o mantemento do posto de traballo na localidade.
• Rexeita a Mobilidade Funcional.
• Esixe o Referendo do texto antes de asinar o Convenio.

 
IV Convenio de Telemárketing
18-10-2007
Pola unidade de acción cara a Folga
Levamos once meses cos nosos salarios conxelados. Subiron os alimentos, subiu a luz, subiron os combustibles, subiron as hipotecas e subiron especialmente os beneficios das empresas de Telemárketing,
Fonte: galizacig.com

 
Ante o ERE actúa con liberdade
18-10-2007

O ERE iniciado no 2003 está sendo un proceso de destrucción de emprego
que condiciona totalmente a actividade laboral, o feito de que non se cubran con novas incorporacións as miles de baixas que se levan producido provoca que exista carencia de traballadores en boa parte do territorio e de distintas áreas...continúa


 
Xuntanza da Coordinadora Nacional en Santiago
18-10-2007
O pasado xoves 11 de outubro celebrouse en Santiago Xuntanza da Coordinadora Nacional de CIG Telefónica, tratáronse temas de actualidade laboral como o ERE ou o convenio colectivo entre outros, así mesmo retomáronse temas que non rematan de arranxarse dentro da empresa como o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística e a Toponimia. Con estas xuntanzas pretendemos poñer en común as posturas e o xeito de enfrontar os problemas nas catro provincias galegas así como coordinar as actuacións que se levan a cabo.  

 
 
 
 

 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir