Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 09/04/2008

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Hemeroteca

Atrás
Comité A Coruña: Fondos Sociais 2007
21-01-2008

O Comité de Empresa de A Coruña avisa a todos os grupos que solicitaron participar no reparto dos Fondos Sociais do ano 2007 que se abre o prazo para presentar as facturas, a data de remate deste prazo é o 29 de febreiro.
Recórdase tamén que ata o 5 de setembro se poden enviar presupostos para este ano 2008

Teléfono do Comité 3929  /  Fax 3752


 
A CIG convértese na segunda forza sindical do país
18-01-2008
O sindicato nacionalista adíántalle por primeira vez na súa historia a CC.OO.
 
 
A Confederación Intersindical Galega ( CIG ) repasou este mércores no seu local nacional o resultado das eleccións sindicais no período 2003-2007. O secretario xeral, Suso Seixo, que estivo acompañado de toda a executiva do sindicato, subliñou que o novo panorama “marca un fito histórico” xa que por primeira vez a organización nacionalista pasa a ser a segunda forza do país co 28,6% dos delegados totais ( UXT logra o 31,4 e CC.OO o 28,3%).

 
Inditex: Os salarios dos traballadores subirán un 12% no primeiro ano.
18-01-2008
A CIG valora positivamente o pacto asinado hai días en Zara Logística pois mellora con creces os que rubricara no pasado CCOO coa empresa. O presente acordo, que ten unha validez de tres anos, incrementará os salarios do persoal, reducirá as horas de traballo e inclúe melloras sociais para os empregados.  

 
Recursos Humanos mangonea a Comisión de Xestión
9-01-2008

Dende hai tempo os responsables de Recursos Humanos nesta provincia interfiren na labor que realiza a Secretaria da Comisión de Xestión, revisando e cociñando as actas que elabora antes de envialas aos representantes dos traballadores.


 
A CIG solicita do BNG apoio a súa proposta contra a deslocalización do Telemárketing
3-01-2008
Unha representación da CIG-Telemárketing reuniuse co Grupo Parlamentar do BNG, na primeira das reunións previstas con responsables políticos e da Administración, co fin de recadar apoios ás propostas presentadas pola Central Sindical para garantir o emprego neste sector ameazado pola deslocalización.  
 

 

 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir