A exteriorización dos compromisos por pensións, imposta pola lei de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados (Regulamento sobre a instrumentación dos compromisos por pensións das empresas cos traballadores e beneficiarios) supoñía para Telefónica a obriga de liquidar o Fondo Interno que constituíra no 83 co rescate da póliza de supervivencia contratada con Metrópolis, e ter tódolos seus compromisos por pensións instrumentados a través de Seguros Colectivos ou Fondos de Pensións.
A empresa, sen que fora preciso, chegou a un acordo con CCOO e UGT polo cal se subscribe unha póliza con Antares para cubrir a prestación de supervivencia.
Desde a CIG entendemos que este acordo non recolle tódolos compromisos por pensións que Telefónica ten cos traballadores/as acollid@s ó Seguro Colectivo de Supervivencia. Moi ó contrario supón un recorte de dereitos avalado coa sinatura da representación dos traballadores.
Entendemos tamén que o escrito recibido polos afectados non é correcto, a pesares do cal non foi modificado nin pola empresa nin pola aseguradora.
Invitamos a aquelas persoas afectadas, que aínda non o teñan feito algo similar, a enviar os escritos que propoñemos, tanto á Dirección Xeral de Seguros como a Telefónica, co obxecto de manifestar o desacordo e solicitar a modificación do acordado.
Pretendemos que o envío á empresa se faga individualmente por correo interno, e o da Dirección Xeral de Seguros, a través da nosa organización sindical.
Os interesados poden poñerse en contacto coa nosa sección sindical chamando ó 981183969 ou enviando un fax ó 981212804, indicando o nome e os apelidos, a unidade de traballo e o Centro no que está. Nós enviaremoslle os modelos por correo interno ou levaremolos en persoa.
NOTA: Os afectados son aquelas persoas que estaban en Telefónica antes do 17 de setembro do 92, con seguro colectivo, e non están adheridos ó plano de pensións.
|