| Foi convocado un concurso provincial de méritos para cubrir unha praza de Encargado de Planta Interna(EPI), na localidade de Vigo.
Este Comité Provincial non foi convocado a formar pàrte do tribunal de selección ,como asi debería de ser,conforme ós artigos 42 e 43 da Normativa Laboral .
Por tal motivo a CIG presentou o día 6 de xullo no pleno ordinario do Comité Provincial unha proposta para emprender as accións oportunas para:
1. Denunciar ante o cadro de persoal a discriminación que sufríu durante todo o proceso do Concurso de Méritos Provincial para cubrir unha praza de EPI en Vigo.
2. Iniciar os trámites legaís para reivindicar os dereitos deste Comité Provincial recollidos nos artigos 42 e 43 da Formativa Laboral.
Esta proposta foi votada a favor polos membros da CIG e C.G.T. e en contra polos representatantes de U.X.T. e C.C.O.O.
|