Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 21/01/2005

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Pontevedra

Atrás
A Nómina. Denunciada ante a Inspección de Traballo

12 de novembro

Devido a cantidade de reclamacións dos compañeiros e compañeiras desta provincia relativo a negación por parte da Empresa(decisión unilateral) de entregar como se viña facendo ate o de agora o xustificante de nómina asi como o certificado de haberes, a  C.I.G . non pode renunciar a un dereito fundamental dos traballadores e polo cal decide presentar unha proposta no Pleno do Comité Provincial co fin denunciar a actual situación ante a Inspección de Traballo ,tendo claro , que si non habia unha posición faborable deste Comité ; a C.I.G . seguiria para adiante coa medida proposta . Como non podía ser de outro seito a medida vai para adiante co pleno apoio dos sindicatos que compoñen este Comité. O texto integro que se apresentou   en Inspección de Traballo e o seguinte:

Á INSPECCIÓN DE TRABALLO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

D. Luis Alemparte Lorenzo e D. Miguel Ángel Estévez Conde , en calidade, respectivamente, de presidente e secretario do Comité Provincial de Empresa en Pontevedra, e con enderezo a efectos de notificación na rúa Coruña nº 9 (Vigo), por acordo unánime do Comité o día 11/11/2003:

DIN

Que por medio deste escrito damos en formular denuncia por infracción de normas laborais contra a empresa Telefónica de España S.A.U., que ten o seu enderezo a efectos de notificación na oficina de Recursos Humanos na Avda. Gran Vía nº 64 (Vigo).

Fundaméntase a dita denuncia nos seguintes:

FEITOS

Primeiro : A data de hoxe a gran maioría dos/as traballadores/as desta Empresa nesta provincia non recebe o xustificante de nómina en papel impreso.

Segunda : A Empresa unilateralmente tomou a decisión de eliminar dito xustificante, alegando que os/as traballadores/as que  o desexen o teñen dispoñible nunha aplicación informática chamada “e-domus”.

Terceiro : Que ante as numerosas reclamacións dos/as traballadores/as por esta situación, o Comité de Empresa de Pontevedra o denunciou nas reunións cos representantes da Empresa sen aportar estes ningunha solución o respecto.

E, polo exposto,

SOLICITAMOS á Inspección de Traballo que tendo por presentado este escrito, se sirva admitilo e, na súa virtude teña por formulada denuncia por incumprimento de normas laborais contra a empresa Telefónica de España S.A.U., e ordene que se efectúe unha investigación sobre os feitos relatados no corpo deste escrito,e, previa a súa comprobación e incoación da correspondente acta de infracción, se dite resolución pola que, sancionando á Empresa, se obrigue a esta a axustarse a dereito facilitándolle a tódolos/as traballadores/as o xustificante impreso da nómina.

É xustiza que pedimos en Vigo

 


 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir